bannerVialia

xuño, 2021

17xuñ19:00Documental "Errantes sin retorno" + coloquioACTIVIDADES PARA O COCO | 6,50 €19:00 Multicines Yelmo

Detalles do eventos

A ONG Diversidades Acolle quere conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas coa proxección do documental Errantes sin retorno, una historia rohingya que contará coa presentación especial de H. M., unha muller que fuxiu co seu marido e o seu fillo de Siria, e que agora reside en Vigo, onde atopou a protección que o seu país non lle brindou.

O documental que estrea o próximo xoves 17 de xuño ás 19:00 nos Cines Yelmo narra, entre a poesía e o drama, unha crise humanitaria enorme e, aínda así, pouco difundida, a través de Kalam, Mohammad, Montas e outros exiliados que queren que se escoite a súa voz. Entre a espera e o medo á desaparición, a repartición de comida e os partidos de fútbol, dan testemuño da súa cotiandade e das pantasmas do pasado. Dirixida por Mélanier Carrier e Olivier Higgins, ata o momento, Errantes sin retorno foi galardonadA co Premio do Público no Festival de Cinéma da Ville de Québec.

As entradas deberán adquirirse en liña e teñen o mesmo prezo que calquera outra entrada de cinema (6’5€, con posibilidade de descontos)

Máis

Hora

(Xoves) 19:00

Localización

Multicines Yelmo

Centro Comercial Travesía, Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra

X