Detalles do eventos
‘A rebelión da lectura’, que conta co apoio do Concello de Gondomar e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, mergúllase na orixe, traxectoria e espírito de Espazo Lectura,
Detalles do eventos
‘A rebelión da lectura’, que conta co apoio do Concello de Gondomar e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, mergúllase na orixe, traxectoria e espírito de Espazo Lectura, unha das iniciativas cidadás máis singulares do panorama cultural galego.
A través de testemuños e imaxes inéditas, a película reconstrúe como un pequeno grupo de persoas voluntarias conseguiu crear, desde o Val Miñor, un ecosistema lector que transformou a relación de milleiros de persoas cos libros.
Cun enfoque íntimo e humano, o documental afonda nas claves deste proxecto: a xenerosidade canalizada polo activismo lector, a entrega do voluntariado e a concepción da lectura como unha forma de rebelión persoal e social, entendendo os libros como espazos de encontro, amizade, reflexión e comunidade.
Tras a proxección celebrarase un coloquio coas directoras.
Hora
20 febreiro, 2026 17:30(GMT+01:00)
Localización
Multicines Norte
Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

