Documental 'A auga que trouxeron'
Detalles do eventos
O documental ‘A auga que trouxeron’, de Beatriz Vázquez (producido por Trespés) constrúe un relato sobre a realidade das traídas veciñais de auga en Galicia. Estes sistemas son
Detalles do eventos
O documental ‘A auga que trouxeron’, de Beatriz Vázquez (producido por Trespés) constrúe un relato sobre a realidade das traídas veciñais de auga en Galicia. Estes sistemas son resultado dun proceso histórico onde a veciñanza xogou un papel importante, pois en moitos casos foron os propios veciños quen as construíron, financiaron e xestionaron. Este modelo ofreceu un sistema de abastecemento autónomo adaptado ao contexto territorial do país caracterizado pola alta dispersión poboacional. Esta realidade permanece a día de hoxe mantendo unha xestión autónoma por parte da veciñanza.
Ollamos cara o pasado para recoñecer o esforzo colectivo que significou levar a auga ás casas nunha Galicia rural sen servizos básicos garantidos. Analizamos o presente, cos seus retos e conflitos, e albiscamos o camiño a percorrer para unha realidade do común que xestiona un ben tan importante como é o da auga e que debe facer fronte a ameazas como o despoboamento rural ou a seca.
Sábado 14 ás 19:00
Entrada de balde
Máis
Hora
14 xaneiro, 2023 19:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain