REVISTA ABRIL

Doa sangue e consegue unha entrada para ir ao cine no Centro Comercial Travesía

10dec10:00Doa sangue e consegue unha entrada para ir ao cine no Centro Comercial TravesíaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:00(GMT+01:00) CC Travesía de Vigo

Detalles do eventos

O Centro Comercial Travesía organiza os días 9 e 10 de decembro unha nova campaña conxunta coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, co fin de impulsar as doazóns de sangue entre clientes e empregados, nunhas datas especialmente sensibles pola ponte de decembro e as celebracións do Nadal.
Baixo o lema: “180 doazóns e 250 vidas” promoveranse as doazóns habilitando un espazo no interior do recinto comercial, nun local dispoñible na planta baixa, nos seguintes horarios:
Venres 9 de decembro: 10:00 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas.
Sábado 10 de decembro: 10:00 a 15:00 horas.

Garantiranse todas as medidas e protocolos de seguridade, así como o control de aforo. Para doar, non se require de cita previa e atenderase aos doantes por orde de chegada.

O Centro Comercial Travesía volverá regalar como agradecemento a cada participante na campaña de doazón, unha invitación para trocar por unha entrada ao cinema en Yelmo Travesía, a través da web www.yelmocines.es ou a APP de Yelmo Cinemas. Invitacións válidas para calquera día e sesión en Cines Yelmo Travesía e válidas ata o 31 de xaneiro de 2023.

Nesta cuarta campaña de doazón, desde Centro Comercial Travesía queren alcanzar as 180 doazóns de sangue, para iso, desde ADOS, duplicouse o equipo que atenderá aos doantes, facilitando as doazóns e reducindo a espera. Con esas 180 doazóns de sangue poderase axudar a máis de 250 pacientes que requiren dunha intervención cirúrxica, que están en tratamento por cancro, necesitan un transplante de órganos, sufriron un accidente de tráfico, un accidente laboral, un transplante de medula ósea, unha anemia aguda, un parto complicado, entre outros.

Consellos para a doazón de sangue indicados por ADOS, Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos:
 -Podes doar sangue se tes unha saúde normal.
 -Pesas máis de 50 quilos.
 -Idade comprendida entre os 18 e 65 anos, a partir dos 65 anos con autorización médica.
 -Uso obrigatorio de máscara.
Requisitos para poder doar sangue:
 -Levar o DNI, carné de doante ou pasaporte.
 -Non acudir en xaxún, hai que almorzar previamente, e despois de comer hai que deixar un tempo de espera de polo menos 2 horas para poder doar.
 -Os homes poden doar ao ano un máximo de 4 veces e as mulleres poden doar un máximo de 3
veces ao ano. Entre doazón e doazón hai que deixar un período mínimo de 2 meses.

Máis

Hora

(Sábado) 10:00(GMT+01:00)

Localización

CC Travesía de Vigo

Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events