Detalles do eventos
Tras a boa acollida dos Roteiros Rosalía conducidos por Xurxo Martínez, e a visita guiada por Xosé Manuel Soutullo, a partir da segunda quincena de
Detalles do eventos
Tras a boa acollida dos Roteiros Rosalía conducidos por Xurxo Martínez, e a visita guiada por Xosé Manuel Soutullo, a partir da segunda quincena de abril continúan as actividades complementarias da exposición “Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia” abertas ao público en xeral ata completar capacidade.
En datas próximas ao 23 de abril, celebramos o Día do Libro cunha visita poética conducida por Tamara Andrés, directora da Colección Dombate de Editorial Galaxia. Nesta ocasión faremos un percorrido polas primeiras voces de mulleres poetas que, na segunda metade do século XX, lograron integrar a súa voz en diferentes coleccións de Galaxia. Referiremos algúns datos biográficos, revelaremos a historia desas publicacións e compartiremos tamén algúns poemas.
Reservas de praza enviando un email a recepcion@marcovigo.com
Hora
25 abril, 2026 12:00(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
abril


