Do pracer e da morte
17abr19:30Do pracer e da morteESPECTÁCULOS | Desde 10,00€19:30(GMT+02:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
‘Do pracer e da morte’ é, en esencia, retablo cun algo de bosquiano, unha viaxe con ecos da praga, unha parábola con tinturas bíblicas e unha fenda rabiosa
Detalles do eventos
‘Do pracer e da morte’ é, en esencia, retablo cun algo de bosquiano, unha viaxe con ecos da praga, unha parábola con tinturas bíblicas e unha fenda rabiosa na nosa existencia chea de angueiras. O espectáculo conforma unha radiografía con vocación universalizadora, da humanidade ante as dúas grandes ansias da súa existencia: a satisfacción das paixóns e a fraxilidade da vida.
Tomando como guía a estrutura do Xardín das Delicias de EL Bosco, inxertamos nel ao Boccaccio do Decamerón cos seus claroscuros da peste e o amor. Atravesamos afoutas entre o pracer, a desolación, o medo, a morte, a ausencia de certezas sólidas nun planeta que se acaba con outros seres igual de fráxiles e incompletos…
Mentres os nosos corpos indagan nas dualidades gozo/dor, fe/desesperanza, virtude/vicio a palabra transita por unha ponte que une referencias e elementos dos derradeiros sete séculos coa nosa percepción actual do pracer e da morte.
‘Do pracer e da morte’ é unha danza da morte medieval no aparcadoiro do Carrefour un sábado pola tarde.
Hora:
- Venres 16 ás 19:30
- Sábado 17 ás 19:30
- Domingo 18 ás 19:30
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Entrada Xeral: 14€
- Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión (dispoñible ata 1h antes do evento)
Idades recomendada: + 18 anos
Duración: 90 min
Máis
Hora
17 abril, 2021 19:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualoutubro
Séguenos nas redes