CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Diving Through Jellyfishes

21xuñ19:00Diving Through JellyfishesCONCERTOS | De balde19:00(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

O 21 de xuño celébrase o Día Europeo da Música e Ámbito Cultural do Corte Inglés de Vigo organizou un concerto con Diving Through Jellyfishes, grupo gañador da III edición do Concurso BateaSon, certame de bandas emerxentes galegas, organizado polo CIFP Audiovisual de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer novos talentos musicais galegos. A cita será ás 19.00 horas na marquesiña da Gran Vía.

Coa organización deste evento, Ámbito Cultural e O Corte Inglés de Vigo poñen en valor a cultura musical a través do apoio a diferentes artistas emerxentes, que se atopan nas primeiras etapas da súa carreira.

Diving Through Jellyfishes

É un grupo de música vigués definido baixo o xénero Midwest Emo, aínda que non se limitan unicamente a iso chegando a mesturar a súa música con outras influencias como o Punk ou o Emo máis tradicional.

A banda leva pouco menos dun ano namorando a todo fanático da música que asiste aos seus concertos e é que traen unha proposta nova ao panorama musical galego. A mestura de xéneros comúns como o punk e o rock se xunta con estruturas e compases inusuais, acordes sacados directamente do jazz que culminan con letras emotivas coas que a xente se pode sentir identificada.

A banda nace como unha forma de desafogo para o cantante, quen compuxo numerosas cancións, influenciadas por diferentes películas, series e videoxogos, que xorden para tentar dar sentido aos sucesos persoais que rodean a vida dos adolescentes.

Os seus integrantes son Anxo Fernández (cantante e guitarrista), Isaac Rocha (guitarrista), Ismael Pérez (batería) e Mario Villatoro (baixista).

Máis

Hora

21 xuño, 2024 19:00(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events