>

04agoTodo o día07Parrulas FestPEQUECHOS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Esteiro da Foz

Detalles do eventos

O Concello de Nigrán acolle a sexta edición do Parrulas Fest do 4 ao 7 de agosto o Esteiro de A Foz, con actuacións para toda a familia. A programación está composta por 9 compañías de diferentes puntos do país, clausurada por unha gala solidaria de Pallasos Sen Fronteiras adicada á infancia de Gaza.

Espectáculos de clown, circenses, maxia e malabares enchen Nigrán de humor con catro xornadas adicadas ás familias. Nove compañías de artes escénicas do país ofrecen exhibicións de distintas disciplinas, que virán sucedidas por unha gala a prol de Gaza. Esta función solidaria, organizada por Pallasos Sen Fronteiras e dirixida polo nigranés Peter Punk (Isaac Rodríguez), reforza o compromiso do Concello de Nigrán coa situación vivida en Palestina.

Trátase dun festival xa consolidado na programación estival nigranesa, que reúne cada ano a unha gran cantidade de familias fidelizadas que gozan de espectáculos de calidade nun entorno privilexiado. A programación é a seguinte:

  • Luns 4 de agosto: ás 19:30 h Maga Fani (Galicia) presenta Trasnadas moi serias; e ás 20:30 h a actuación do clown Antúan de la Cream (Andalucía).
  • Martes 5 de agosto: ás12:00h, sesión para a primeira infancia a cargo de Sonsoles Penadique (Galicia) co espectáculo musical O chintófano de Dorothé; pola tarde, ás 19:30 h Cía Sintriz ofrece Lila Star, un número de circo, funky e humor; e, por último ás 20:30 h, o circense Peter Punk achega Con lingua propia.
  • Mércores 6 de agosto: 12:00 h, Os Jalochos (Galicia), actúan e contan a historia A landra viaxeira e o amigo lambón; pola tarde, ás 19:30 h actúa o showman e malabarista Javi Javichy (Madrid) con Veló como el rayo; e, despois ás 20:30 h, Sempre Arriba (Galicia) co espectáculo clown e de acrobacias aéreas Hoxe si! .
  • Xoves 7 de agosto: ás 19:30 h xogo de malabares, música e maxia de John Jackson & Jack Johnson (Galicia) con A cápsula do tempo; e, de broche final ás 20:30 h, a gala solidaria de Pallasos sen Fronteiras, dirixida por Peter Punk coa presenza de diversos artistas.

Todo o recadado mediante a “gorra solidaria” vai directamente dirixido a axudar aos nenos gazatíes. Ademais, o evento aposta pola cultura e a lingua galega, creando un entorno de socialización e de aprendizaxe para a cativada.

Hora

4 agosto, 2025 - 7 agosto, 2025 (Todo o día)(GMT+02:00)

Localización

Esteiro da Foz

36393 Baiona, Pontevedra

Other Events