UNDERFEST

03out(out 3)17:3031xan(xan 31)20:30Diversa. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea AfundaciónARTE E MUSEOS | De balde(outubro 3) 17:30 - (xaneiro 31) 20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A Sala de Exposicións do Teatro García Barbón acolle desde o 3 de outubro a mostra «Diversa. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación», un proxecto que reúne obras de recoñecidos artistas galegos, estatais e internacionais e que permanecerá aberta ata o 31 de xaneiro de 2026.

A exposición, comisariada por Matilde Rodríguez e coordinada desde Afundación por Paloma Vela, parte do concepto de pluralidade cultural e identitaria para ofrecer unha ampla visión da ilustración actual. A diversidade de estilos e técnicas son o fío condutor dunha selección na que atopamos obras de acuarela, guache, o colaxe, tea, neón, cerámica, animación, ilustración dixital, risografía, bordado ou caixa de luz, evidenciando a capacidade deste arte para reinventarse a través de novos formatos, materiais e tecnoloxías.

Na nómina de artistas destacan nomes como Ricardo Cavolo, María Medem, Bodil Jane, Simon Bailly, Rebeca Losada, Rune Fisker, Ana Jarén ou Adolfo Serra, que converten a sala viguesa nunha auténtica explosión de cor e creatividade. As súas propostas abordan desde cuestións íntimas (identidade, procesos emocionais) ata temas sociais como a igualdade, a sustentabilidade ou o diálogo coa biodiversidade. A disposición das obras divídese principalmente en dous grandes espazos e nas capelas anexas, e a iluminación é de carácter íntimo xa que á comisaria o espazo lémbralle ao dunha cripta.

O título da mostra reflicte esa riqueza temática: «Diversa» é un mosaico de culturas, linguaxes e perspectivas vitais que busca promover a inclusión e a representatividade a través da arte contemporánea. Desde a organización tamén destacan o interese que está a espertar entre o público escolar, pois xa teñen reservadas visitas guiadas a máis de 3000 alumnos para os vindeiros meses.

A exposición forma parte da programación estable de Afundación arrredor da ilustración e a banda deseñada, unha senda que iniciou en 2017 consolidando Vigo e Galicia como referente no panorama expositivo. O proxecto enmárcase dentro de «Cultura por alimentos», iniciativa coa que Afundación convida o público a colaborar cos Bancos de Alimentos a través da doazón de produtos non perecedoiros.

Horario de visitas:

  • Luns a venres: 17.30 – 20.30 h
  • Sábados: 11.00 – 14.00 h e 17.30 – 20.30 h
  • Ata o 31 de xaneiro de 2026

Visitas guiadas:

  • 9, 16, 23, 30 out 2025 | 19.00 h
  • 6, 13, 20, 27 nov 2025 | 19.00 h
  • 4, 11, 18 dec 2025 | 19.00 h
  • 8, 15, 22, 29 xan 2026 | 19.00 h

Hora

3 outubro, 2025 17:30 - 31 xaneiro, 2026 20:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events