Día Internacional do Museo: visita guiada ao Museo do Mar.
Detalles do eventos
O 18 de maio é o Día Internacional dos Museo e como todos os anos o Museo do Mar quere celebralo con actividades especiais que durarán toda a
Detalles do eventos
O 18 de maio é o Día Internacional dos Museo e como todos os anos o Museo do Mar quere celebralo con actividades especiais que durarán toda a find e semana.
XOVES 18
- XORNADA DE PORTAS ABERTAS durante todo o horario de apertura (de10:00h a 14:00h e de16:00h a19:00h).
Todas as persoas que nos visiten durante esta xornada poderán entrara visitar as instalacións de maneira gratuita.
- APERTURA DE EXPOSICIÓN TEMPORAL ‘CULTURA OCEÁNICA’.
Do 18 ao 28 de maio.
Entrada gratuita cedida polo CEIDA (Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia).
A mostra busca a comprensión por parte dos/as visitantes da influencia do océano sobre as persoas e a influencia que as persoas exercemos sobre o océano.
VERNES 19
- VISITA GUIDA Á EXPOSICIÓN TEMPORAL ‘RANIERO FERNÁNDEZ. O ARQUIVO’.
Ás 17:30h.
Gratis e con reserva previa.
Duración: 45min.
Para un público a partir de 8 anos.
Visita guiada na que coñecer o traballo deste coñecido vigués gran afecciondo a fotografía e dinamizador da Agrupación Fotográfica Galega.
SÁBADO 20
- ACTIVIDADE DIDÁCTICA PARA FAMILIAS ‘COÑECENDO ÁS BALEAS’.
Ás 11:30h.
Pagando a entrada ao museo e con reserva previa.
Idade: a partir de 6 anos.
Duración: 45min.
Actividade na que as familias participantes descubrirán cousas interesantes sobre estes magníficos mamíferos mariños e os perigos aos que se enfrontan causados por mor dos seres humanos, e na que rematarán realizando a súa propia balea con material de refugallo, o cal se empregará para tratar de concienciar sobre a importancia do coidar o noso medio ambiente en xeral e os nosos mares en particular.
- VISITA GUIADA AO MUSEO PARA PÚBLICO XERAL.
Ás 17:30h.
Pagando entrada ao museo e con reserva previa.
Idade: a partir de 8 anos.
Duración: 60min.
Un paseo polas diferentes salas do museo para coñecer e descubrir a historia mariñeira de Galicia e a importancia do mar como recurso natural. Unha oportunidade para mergullarnos en familia no noso rico patrimonio cultural.
DOMINGO 21
- VISITA GUIADA AO MUSEO PARA PÚBLICO XERAL.
Ás 11:30h e 17:30h.
Pagando entrada ao museo e con reserva previa.
Idade: a partir de 8 anos.
Duración: 60min.
Un paseo polas diferentes salas do museo para coñecer e descubrir a historia mariñeira de Galicia e a importancia do mar como recurso natural. Unha oportunidade para mergullarnos en familia no noso rico patrimonio cultural.
INFORMACIÓN E RESERVAS:
De martes a sábado de11:00h a14:00h 986247750.
info.museodomar@xunta.es
Avda.Atlántida,160. Vigo
Entrada xeral:3€
Entrada reducida:1,5€ (estudantes, menores de 9 a 18 anos, parados, xubilados, familias numerosas e grupos de máis de 10 persoas). Entrada gratuíta: menores de 8 anos (inclusive).
Máis
Hora
20 maio, 2023 17:30(GMT+01:00)
Localización
Museo do Mar
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes