
30out21:00Digitalism DJ SetCONCERTOS | Desde 17,50€21:00 Mar de Vigo
Detalles do eventos
O dúo alemán de música electrónica Digitalism, ofrecerá un DJ set en Vigo no auditorio Mar de Vigo. Digitalism é un dúo alemán de música
Digitalism DJ Set
O dúo alemán de música electrónica Digitalism, ofrecerá un DJ set en Vigo no auditorio Mar de Vigo.
Digitalism é un dúo alemán de música electrónica que é ao mesmo tempo divertida e imaxinativa, seria e extática, fundado en 2004 en Hamburgo. Está composto por Ismail “Isi” Tüfekçi e Jens “ Jence” Moelle. Na súa discografía contan con tres LPs, “ Idealism” (2007), “I Love You Dubide” (2011), “ Mirage” (2016) e ” JPEG” (2019), ademais de numerosas remesturas para nomes como Daft Punk, Tiga, Klaxons, The White Stripes, Depeche Mode, Cut Copy, The Presets, Tom Vek e The Futureheads, entre outros. Pola súa banda, os seus cortes foron remezclados por colegas de profesión como Erol Alkan, Soulwax, Boys Noize e Justice. Entre as súas influencias citan a Daft Punk e as bandas sonoras de películas -en especial, as de Ennio Morricone- como as máis importantes, así como tamén a música dos videoxogos e os neoiorquinos The Strokes.
Máis
(Sábado) 21:00