VIALIA
bannerPicnicSesions

Diana Tarín & Alberto Conde

04xan21:00Diana Tarín & Alberto CondeCONCERTOS | Desde 6,00€21:00(GMT+01:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Diana Tarín é unha excelente cantante e pianista afrocubana, cunha voz versátil, apaixonada e sofisticada. O seu talento vocal é incuestionable e a súa amplitude de rexistro permítelle sumerxirse on éxito no jazz, o soul, o bolero, etc.

Alberto Conde sempre apostou por Vitruvia e no Vitruvia sempre apostaron por el, aínda que no seu caso, o asunto foi moito máis fácil e carece de mérito: a súa traxectoria previa como músico, compositor e docente está aí, ao alcance de todos, para gozala en calquera momento e Vitruvia, como apaixonados ao jazz e á música en xeral, non eran alleos a todo iso. A súa vocación por tender pontes con artistas de outras latitudes permitiulle poñer en marcha proxectos recoñecibles polo seu estilo e recoñecidos pola crítica.

Alberto con Atlantic Bridge e Diana no concerto ‘De Bach a Glass II’ participaron no Festival Internacional de Jazz e Música Clásica Jazz-Class 2022, que se celebrou nos xardíns da Alameda viguesa este último verán e ambos lograron levantar ao público dos seus asentos.

Xuntos están inmersos nun ambicioso proxecto chamado ‘Corriente del Golfo’, inspirado nas relacións estreitas que sempre existiron enntre Cuba e Galicia e, polo tanto, entre a música e os músicos de ambos lados do Atlántico. Todo isto comezou en 2015 a raíz da participación de Diana Tarín & Alberto Conde no 31 Festival Internacional de Jazz de La Habana.

Durante o concerto no Vitruvia Café gozaremos dun adianto do álbum que da sentido a esta colaboración. Velos dialogar xuntos, coa voz e o piano, estará ao alcance de todos o vindeiro 4 de xaneiro. Tocarán e cantarán a súa música e tamén a de outros. Aparecerá o jazz ou o bolero, só eles o saben.

Mércores 4 ás 21:00

Reserva de entradas a través do teléfono 645 996 690.

Máis

Hora

(Mércores) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events