>
Detalles do eventos
A Orquestra Sinfónica de Galicia regresa ao Teatro Afundación para ofrecer o quinto concerto da Tempada de Abonos da Obra Social de ABANCA. Baixo a batuta do
Detalles do eventos
A Orquestra Sinfónica de Galicia regresa ao Teatro Afundación para ofrecer o quinto concerto da Tempada de Abonos da Obra Social de ABANCA. Baixo a batuta do director e compositor valenciano Josep Planells, a formación proporá un diálogo musical entre fragmentos operísticos de Richard Wagner e obras de autores contemporáneos.
O programa inclúe na súa primeira parte pasaxes de ‘Lohengrin’ xunto á peza ‘Ars Umbrae’ do mestre mosense Jacobo Gaspar, composición premiada en Seúl que non se estreara en España ata abril deste ano. Na segunda metade, o público poderá gozar coa aria final de ‘Liebestod’ e a peza ‘Danza negra e vermella Tutuguri’ do alemán Wolfgang Rihm.
Hora
14 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n
Hoxe móvese
xuño



