
10xul19:00DÍA MUNDIAL DO VMPACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Volcán Coia
Detalles do eventos
Vigo súmase na celebración do Día Mundial de Vehículos de Movilidad Personal (VMP), que está a realizarse en máis de quince cidades en España. A concentración sairá desde
DÍA MUNDIAL DO VMP
Vigo súmase na celebración do Día Mundial de Vehículos de Movilidad Personal (VMP), que está a realizarse en máis de quince cidades en España. A concentración sairá desde os “Volcáns” en Coia (Avda. Castelao, 90) e percorrerá o carril bici ata o final da Rúa Venezuela para rematar no Concello.
Asociacións de Usuarios de VMPs en conxunto coa Federación Española de Vehículos de Movilidad Persoal ( FEVEMP), así como a plataforma “I Wheel Survive”, puxeron en marcha un proxecto de solicitude para a aprobación do 10 de xullo como “Día Mundial do VMP”, dirixido a Nacións Unidas.
O roteiro estará aberto a todo tipo de vehículos de micromovilidad, bicicletas, patíns e calquera outro medio verde de transporte persoal, con obxetivo de reflectir a diversidade actual nas rúas de distintos tipos de medios de transporte e lúdicos. A entidade organizadora sinala algunhas medidas de seguridade recomendadas para a concentración: manter a distancia de seguridade e o uso de máscaras, e a recomendación do uso de casco. Algúns dos asistentes poñerán a disposición algúns tipos de vehículos para as persoas interesadas neste tipo de transporte, co fin de que poidan probalos, tanto no punto de partida como no punto de chegada.
Máis

(Sábado) 19:00
Volcán Coia
Av. de Castelao, 80, 36209 Vigo, Pontevedra