REVISTA MAIO

'Doantes de Película'

14xuñ10:0021:00'Doantes de Película'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 10:00 - 21:00(GMT+02:00) CC Travesía de Vigo

Detalles do eventos

O Centro Comercial Travesía colabora un ano máis coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS no Día Mundial do Doante de Sangue. Desta forma, o venres 14 de xuño o complexo prestará de novo o seu apoio co fin de impulsar as doazóns de sangue entre clientes e empregados.

Baixo o lema, “Doantes de película”, Travesía promoverá as doazóns habilitando un espazo no interior do recinto comercial, nun local dispoñible na planta baixa. Como agradecemento, regalará a cada participante na campaña de doazón, unha invitación para trocar por unha entrada de cinema en Yelmo Travesía.

O horario da campaña é de 10:00 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas o venres 14 de xuño, Día Mundial do Doante e o sábado 15 de xuño de 10:00 a 14:30 horas. Para o seu desenvolvemento, o centro garante todas as medidas e protocolos de seguridade, así como o control de aforo.

O local habilitado para a campaña de doazón será atendido por persoal de ADOS e contará cunha zona de espera, área de doazóns e zona de descanso. Todas as persoas que estean interesadas en doar non necesitan cita previa, atendendo a cada un dos doantes por orde de chegada.

Máis

Hora

14 xuño, 2024 10:00 - 21:00(GMT+02:00)

Localización

CC Travesía de Vigo

Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events