>

13xuñ12:00O corazón do Casco Vello énchese de lá e agullas polo Día Mundial de Tecer en PúblicoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+02:00) Praza da Igrexa (A Colexiata)

Detalles do eventos

A Praza da Igrexa do Casco Vello acollerá a celebración do Día Mundial de Tecer en Público, unha iniciativa que reúne a persoas afeccionadas ao tecido para compartir unha xornada ao aire libre arredor da artesanía téxtil. Cada ano, o segundo sábado de xuño, persoas de todo o mundo saen á rúa con agullas e lá para celebrar xuntas a arte de tecer.

Organizado por Tardes de Fío en colaboración coa Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello, o encontro busca reivindicar estes oficios tradicionais e fomentar a convivencia a través da creación artesanal.

Hora

13 xuño, 2026 12:00(GMT+02:00)

Localización

Praza da Igrexa (A Colexiata)

Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events