CASTRELOS 25

20xuñ17:30Día Mundial das Persoas Refuxiadas: Festival 'RefuFest'AS NOSAS FESTAS | De balde17:30(GMT+02:00) Praza Compostela

Detalles do eventos

A Accem, organización sen ánimo de lucro especializada na atención ás persoas que migran, organiza en Vigo varias actividades para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas.

Sempre cos propios migrantes no centro, as propostas son as seguintes:

  • 18 de xuño, 11:00 h: ‘ConVIDAS: conversatorio de ida e volta’. Trátase dun encontro que visibiliza as dúas caras da migración, reunindo persoas maiores galegas que migraron fóra de España hai décadas con persoas que chegaron recentemente ao noso país, usuarias de Accem. Búscase plasmar a similitude entre experiencias afastadas no tempo e no contexto pero co mesmo transfondo de loita pola adaptación.

A entrada é de balde. Celébrase no Centro de Día A Modiño.

  • 19 de xuño, 18:30 h: inauguración de ‘RefuxiARTE’, unha exposición aberta ao público que une a palabra e imaxe para dar voz a aqueles que abandoaron o seu fogar. As obras mostradas son o resultado do traballo conxunto de persoas solicitantes de asilo e protección internacional, que compartiron as súas historias de vida mediante a creación de textos nun obradoiro, e un grupo de artistas visuais, que creou obras gráficas para plasmar estes relatos.

A entrada é de balde. Celébrase no Centro Social A Nubeira.

  • 19 de xuño, 19:00 h: Gravación do podcast ‘En primeira Persoa’. En colaboración co podcast Migrantes Anónimas, ofrécese un espazo a distintas voces de lugares como Palestina, Colombia, Venezuela, Mali e Sahara Occidental, para compartir as súas vivencias e visibilizar os desafíos que se encaran durante o proceso de solicitude de protección internacional.

A entrada é de balde. Celébrase no Centro Social A Nubeira.

  • 20 de xuño, desde as 17:30 h: Celebración do Festival ‘RefuFest’, onde usuarios da Accem que contan con dotes artísticas, coa colaboración e mentoría de distintos artistas convidados, participan nunha gala multicultural. Cóntase coa participación de artistas como: Maxia na Manga, Adelia Ensueño, Itzzy Mousso, unha batucada polo Bloco da Escola Aperta, Antón Ke, The Brooklyn Gorillas e DJs Chapamama.

A entrada é libre. Comeza ás 17:30 h en Praza de Portugal e continúa a partir das 21:00 h en La Fábrica de Chocolate Club, ata as 00:00 h.

Máis

Hora

20 xuño, 2025 17:30(GMT+02:00)

Localización

Praza Compostela

Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra

Other Events