VIALIA
bannerPicnicSesions

Día Internacional dos Museos: “O futuro dos museos. Recuperar e reimaxinar”

18mai(mai 18)18:0021(mai 21)20:00Día Internacional dos Museos: “O futuro dos museos. Recuperar e reimaxinar”ARTE E MUSEOS | De balde18:00 - 20:00 (21)(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

O MARCO celebra unha data tan especial con obradoiros para público infantil e adulto, que se escalonarán durante catro días consecutivos, do 18 ao 21 de maio, xunto a visitas guiadas á exposición 4 PROXECTOS e actividades do Club de Lectura.

Co tema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”, o Día Internacional dos Museos 2021 invita aos museos, aos seus profesionais e ás comunidades a crear, imaxinar e compartir novas prácticas de (co)creación de valor, novos modelos de negocio para as institucións culturais, e solucións innovadoras para os retos sociais, económicos e ambientais do presente.

As actividades xirarán ao redor da exposición “4 PROXECTOS. Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador e Juan Cidrás, Mar Vicente”, recentemente inaugurada nas salas da planta baixa. O diálogo cos distintos espazos, que está na base deste proxecto expositivo, será o eixe condutor dos percorridos e talleres sobre a obra de cada artista.

CALENDARIO E HORARIOS:

·         Martes 18, mércores 19, xoves 20

Actividades e obradoiros para público infantil, en torno á exposición “4 PROXECTOS”

Destinatarios: público infantil a partir de 3 anos

Horarios:

De 17.00 a 18.30 participantes de 3 a 6 anos

De 19.00 a 20.30 participantes de 6 a 12 anos

·         Venres 21 maio

Obradoiro para público adulto, en torno á exposición “4 Proxectos”

Destinatarios: público adulto en xeral (reserva preferente membros AAM Agrupación Amiga do MARCO)

Horario: ás 18.00

·         Martes 18, mércores 19, xoves 20, venres 21 maio

Visitas á exposición “4 Proxectos” guiadas por monitores MARCO

Destinatarios: público en xeral

Horario: ás 12.00

·         Venres 21 de maio

Visitas á exposición “4 Proxectos” guiadas por artistas participantes

Destinatarios: actividade exclusiva para membros AAM Agrupación Amiga do MARCO

Horarios:

Ás 17.00: visita con Rosendo Cid. “Todo aquilo que acontece e con todo non é”

Ás 19.00: visita con Mónica Alonso. “A maxia do colibrí. Seis casos desesperados”

·         Mércores 19, venres 21 maio

Sesións Club Lectura

Destinatarios: participantes Club Lectura #BiblioMARCO

Horarios:

Mércores ás19.00 = Grupo virtual por Zoom

  • Mark Oliver Everett. Cosas que los nietos deberían saber

Venres ás 19.00 = Grupo presencial

  • Julian Barnes. O ruido do tempo

INSCRICIÓN ACTIVIDADES:

A partir do venres 14 de maio en Taquilla MARCO
Tel. 986 113900 (extensión 100)
recepcion.marco@gmail.com
Horario taquilla: de martes a venres de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 (domingos de 11.00 a 14.30)

Máis

Hora

18 (Martes) 18:00 - 21 (Venres) 20:00(GMT+02:00)