
Detalles do eventos
12.15 horas. Sala B. Visita comentada á exposición temporal Seis cabezas de Alejandro Fuertes (Avilés, 1997) a cargo do artista e Javier Pérez Buján, comisario da exposición. Seis cabezas é
Detalles do eventos
12.15 horas. Sala B. Visita comentada á exposición temporal Seis cabezas de Alejandro Fuertes (Avilés, 1997) a cargo do artista e Javier Pérez Buján, comisario da exposición.
Seis cabezas é un proxecto escultórico, parte da investigación de Alejandro Fuertes sobre os residuos sólidos urbanos como material para a creación artística, que é o tema central da súa tese de doutoramento. Neste proxecto o autor adoita o que el chama estética da devastación, mediante a que ofrece unha reflexión sobre as contradicións do consumismo exacerbado nas sociedades contemporáneas e a transformación en lixo de todos os produtos consumidos, un movemento que utiliza tamén como metáfora da fugacidade da vida, e a certeza da morte.
13.00 horas. Sala A. Visita comentada á Colección permanente, formada por 68 obras de Laxeiro, a cargo do director artístico da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján quen, ademais de facer un percorrido pola traxectoria do artista a través das súas obras, presentará dúas novas incorporacións, dous depósitos temporais procedentes de coleccións particulares, como son Grupo de feirantes, de 1932, un interesante óleo sobre lenzo no que a través da elección dun tema popular, é patente o compromiso dun Laxeiro moi novo, coas linguaxes das vangardas. A outra peza incorporada é a titulada Anano afogado, un óleo sobre lenzo de 1958 que supón un exemplo rotundo da liña tenebrista do pintor.
Reservas: As visitas son gratuítas, mediante envío dun correo a fundacion@laxeiro.org antes do venres, 16 ás 14:00 horas.
Máis
Hora
18 maio, 2025 13:00(GMT+02:00)
Localización
Fundación Laxeiro
Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual