
DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL: GRAN LAZO HUMANO
Detalles do eventos
Con motivo do Día Internacional do Cancro Infantil, 15 de febreiro, a Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia (Asanog) e El Corte Inglés de Vigo organizan
Detalles do eventos
Con motivo do Día Internacional do Cancro Infantil, 15 de febreiro, a Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia (Asanog) e El Corte Inglés de Vigo organizan un gran lazo humano. O obxectivo é achegar visibilidade e concienciar sobre unha enfermidade que se sitúa como a primeira causa de morte de 90.000 nenos cada ano por enfermidades non trasmisibles (ENT), tanto nos países desenvolvidos como en vías de desenvolvemento.
No acto, que terá lugar este sábado 15 de febreiro ás 10:00 h na Gran Vía, fronte a El Corte Inglés, participarán empregados dos Grandes Almacenes e membros de Asanog. Así mesmo, fan un chamamento á sociedade para que se somen a esta iniciativa a favor da prevención e investigación. As persoas que queiran participar só teñen que inscribirse no correo eventosvigo@elcorteingles.es e na web@asanog.org.
Máis
Hora
15 febreiro, 2025 10:00(GMT+01:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra