REVISTA ABRIL

Día Internacional da Danza: 'O Fiadeiro'

29abr19:00Día Internacional da Danza: 'O Fiadeiro'ESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+02:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

O exterior da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, na rúa Chao do Casco Vello, será escenario este xoves da celebración do Día Internacional da Danza, acto que se enmarca en “Aviventa cultura”, a programación que vén de presentar a institución provincial para este 2021.

O Fiadeiro, que este abril cumpre os seus 25 anos de andaina, desenvolve a súa actividade no eido da formación de nenas e nenos e persoas adultas en relación á música e cultura tradicional galega a través da súa escola. Amais, tamén traballa para recuperar o vestiario e a danza e música tradicional a través dos seus grupos de pandereteiras e pandereteiros, baile tradicional, charanga e orquestra e vestiario.

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events