
25set10:00DÍA EUROPEO DAS LINGUAS NO MUSEO LISTEACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:00 Museo Liste
Detalles do eventos
O Museo Liste súmase este ano á celebración do Día Europeo das Linguas a través de diversas actividades baixo o lema “O falar non ten cancelas”. A nosa
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS NO MUSEO LISTE
O Museo Liste súmase este ano á celebración do Día Europeo das Linguas a través de diversas actividades baixo o lema “O falar non ten cancelas”. A nosa institución, sempre atenta ao uso, difusión e valoración da lingua propia da nosa comunidade autónoma, o galego, quere, nestas datas, por énfase nas linguas europeas como ponte e elemento aglutinador dunha identidade comunitaria europea.
PROGRAMA
- Apañando verbas perdidas (de 10:00 a 14:00 h.)
Proxecto aberto que recolle aqueles vocábulos extintos ou en perigo de selo. - Os elos das palabras (10:00 h.)
Con esta proposta en formato de visita guiada descubriremos, a modo de comparativa lingüística, aquilo que nos une nas linguas que nos singularizan. - Faladoiro de regueifas (de 11:00 a 12:30 h.)
Actividade que xungue lingua galega e tradición oral cantada concretado nas regueifas, mostras de oralidade improvisada que, na súa evolución, reflicten os cambios lingüísticos e sociais vividos. O faladoiro actúa como peche das xornadas que, organizadas pola Asociación Mulleres e palabras de Vigo e subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra, afondan neste exemplo da nosa tradición oral. - Linguas de trapo (12:30 h.)
Pequeno obradoiro destinado aos máis pequenos coas linguas como protagonistas.
Dirixido ao público en xeral, aforo limitado. O faladoiro de regueifas precisa de inscrición previa.
Convidámosvos ademais a visitar a páxina web oficial do Día Europeo das Linguas onde atoparedes moitas actividades interesantes.
Máis

(Sábado) 10:00
Museo Liste
Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra