FAITE AMOVIDALOVER

25xul(xul 25)12:0026(xul 26)23:59DÍA DO APÓSTOLO NO CASINOFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 32,00 €12:00 - 23:59 (26)(GMT+02:00) Casino de Vigo

Detalles do eventos

Con motivo do Día do Apóstolo Santiago, o 25 e 26 de xullo, o Casino de Vigo ofrece o novo Menú Especial Galicia e organiza unha actuación musical das pandereteiras Ata o Mandil Dolores.

O Menú Especial Galicia inclúe consumición, pan e pratos tradicionais da nosa terra, como as vieiras á galega ou as filloas, por 32,00 €.

Pola súa banda, o concerto de Ata o Mandil Dolores é o venres, a partir das 23:00 h. Este grupo naceu en 2014 de maneira espontánea, froito dun grupo de amigas que cantaban no Casco Vello. Comezaron sendo once e, hoxe, son sete mulleres unidas non só pola música, senón por unha amizade sólida. Levaron a súa arte máis alá de Galicia, actuando no estranxeiro. Defínense máis como unha familia que como un grupo de cantareiras. O nome do grupo, tan peculiar como auténtico, vén dunha expresión galega que anima a prepararse para unha tarefa que require esforzo, entrega e bo humor.

Pódese reservar mesa a través do seguinte número de teléfono 986 59 40 34.

Hora

25 xullo, 2025 12:00 - 26 xullo, 2025 23:59(GMT+02:00)

Localización

Casino de Vigo

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events