
Detalles do eventos
Neste persoal repaso pola figura e obra de Xela Arias, quen é hoxe un dos rostros máis populares e internacionais da poesía galega rende tributo a unha precursora
Día das Letras Galegas: 'Xela Arias. Viaxe a unha mesma' con Yolanda Castaño
Neste persoal repaso pola figura e obra de Xela Arias, quen é hoxe un dos rostros máis populares e internacionais da poesía galega rende tributo a unha precursora e auténtica referente para xeracións de autoras. Unha muller á marxe dos canons da altura que deixou a súa pegada na renovación de tres campos: o cultvo dunha poética autónoma e con sensibilidade de xénero, a tradución e a edición de libros na nosa lingua. Apenas tres dos motivos que a converten na autora homenaxeada polas Letras Galegas 2021.
Guiada por quen a coñeceu e que hoxe asina a súa biografía para Edicións Xerais, esta semblanza -ilustrada co recitado de poemas- pescuda en como nos comezos dunha nena escritora xa se albiscan os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desouvir expectativas, aniquilar imposicións e non deixarse guiar polos modelos de segunda man. Mesmo se esas sendas difíciles non deixen ás veces á intemperie. A aventura radical de chegar a ser unha mesma.
Entrada de balde con inscrición previa de maneira presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org ou ben a través do teléfono 986 267 759.
Venres 14 ás 19:30
Máis

(Venres) 19:30
Biblioteca Xosé Neira Vilas
Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra