17mai12:30Día das Letras Galegas en BouzasESPECTÁCULOS | De balde12:30(GMT+02:00) Alameda de Bouzas
Detalles do eventos
Para a Cultural de Bouzas supón un orgullo que o Día das Letras Galegas se celebre de xeito masivo. A asociación recorda como, tras a súa fundación no
Detalles do eventos
Para a Cultural de Bouzas supón un orgullo que o Día das Letras Galegas se celebre de xeito masivo. A asociación recorda como, tras a súa fundación no ano 2016, sinalaron o 17 de maio como un evento imprescindible, entendendo que a lingua e as letras galegas así o merecían. Naquel momento, a entidade era das poucas que celebraba esta data e, hoxe en día, resulta emocionante comprobar que o recoñecemento á lingua propia no 17 de maio se consolidou en moitos lugares de Vigo.
A Cultural séntese pioneira nesta celebración e, un ano máis, a alameda de Bouzas será o escenario onde se renda homenaxe ao galego e a Begoña Caamaño. O acto contará coa presenza do grupo Amalghama, unha formación tradicional galega que se encargará de amenizar a mañá das Letras Galegas ao carón do palco da música.
Hora
17 maio, 2026 12:30(GMT+02:00)
Localización
Alameda de Bouzas
Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra



