REVISTA VERAN

26xuñ19:00DÍA DAS ARTES GALEGAS: ISAAC DÍAZ PARDOACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Con motivo do Día das Artes Galegas, o MARCO acolle unha conferencia arredor do artista Isaac Díaz Pardo, a figura homenaxeada nesta edición. No acto, presentado por Miguel Fernández-Cid Enríquez (académico e director do MARCO), participan Xosé Díaz Arias de Castro (académico e fillo de Isaac Díaz Pardo) e Manuel Quintana Martelo (presidente da Real Academia Galega de Belas Artes).

Isaac Díaz Pardo ingresou como académico de Honra da Real Academia Galega de Belas Artes o 16 de xuño de 2009 e é unha figura fundamental e referente ineludible para poder comprender as artes contemporáneas do noso país. Para esta dedicación, a academia tivo en conta os seus numerosos méritos. Á súa condición de destacado representante da arte galega como ilustre pintor e ceramista, únese a súa profunda vinculación ao longo de máis de medio século na nova etapa da restauración da Cerámica de Sargadelos, a que Díaz Pardo, ademais dunha empresa, concebiu como centro de investigación, tecnoloxía, deseño e difusión das artes e da cultura de Galicia; creador e impulsor das Cerámicas do Castro, do Laboratorio de Formas de Galicia (xunto con Luis Seoane, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2019), das Edicións do Castro, do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, do Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos, do Laboratorio Xeológico de Laxe, e do Instituto Galego de Información, entre outros.

Máis

Hora

26 xuño, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events