VIALIA
GIRANDO POR SALAS

21mar19:30DÍA DA POESÍA: 'EQUINOCCIO'ESPECTÁCULOS | De balde19:30(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

Con motivo do Día da Poesía, a Asociación Cultural Évame Oroza organiza, xunto ao colectivo O Fruto e a Serpe, Equinoccio, un recital poético. Este espectáculo, incluído nas sesións poéticas Animais Nocturnos, comeza cunha presentación de Elvira Jardón, continúa coa intervención da artista Nila Álvarez Pousa e remata cun micro aberto. Ademais, conta con algunha sorpresa preparada por parte da organización.

Nila Álvarez Pousa é unha poeta galega recoñecida pola súa poesía reivindicativa e feminista. A súa obra caracterízase por abordar temáticas relacionadas coa muller e manifestarse en contra da violencia de xénero. Este ano publicou o poemario O pouco tempo que nos queda, de Edicións Malafera.

Máis

Hora

21 marzo, 2025 19:30(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events