Día da Biblioteca – A Movida

outubro, 2018

24outalldayDía da BibliotecaACTIVIDADES | De balde(Todo o día: mércores) Biblioteca Juan Compañel

Máis

Detalles do evento

24 de outubro é o DÍA DA BIBLIOTECA

-Ás 18:00: “A Biblioteca secreta”. Marisa Irimia. Descubriremos o por que de todos os segredos que esconde a misteriosa Biblioteca Secreta. A partir de 4 anos. Aforo: 35 nenos/as.

Xornada de portas abertas: Visitas guiadas ás 12:30 e ás 18:00 h.

Concurso: Que é a biblioteca para ti? Describe que é a biblioteca para ti a través dun debuxo ou dun texto. Prazo de presentación de traballos: 20 setembro – 20 outubro

Exposición bibliográfica: As vosas recomendacións: exposición bibliográfica dos libros recomendados polos usuarios da sala infantil durante o último ano. Do 22 de outubro ao 17 de novembro.

Exposición bibliográfica participativa: Máis que ler: as bibliotecas do futuro. O futuro é agora e queremos aproveitar o Día da Biblioteca para facer unha reflexión aberta sobre como se nos presentan aos profesionais e á sociedade os servizos bibliotecarios, as coleccións, os usuarios ou mesmo os edificios das bibliotecas. Mediante unha serie da paneis expositivos e adhesivos de cores participaremos todas e todos desta visión de futuro. Do 24 de outubro ao 17 de novembro.

Hora

Todo o día (Mércores)

Lugar

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

X