Detalles do eventos
No marco do encontro internacional do proxecto GREENDT, o 14 e 15 de xullo, celébrase o Día Cultural de Uzbekistán en Vigo. O evento promove o diálogo intercultural
Detalles do eventos
No marco do encontro internacional do proxecto GREENDT, o 14 e 15 de xullo, celébrase o Día Cultural de Uzbekistán en Vigo. O evento promove o diálogo intercultural a través da música, artesanía, gastronomía e patrimonio histórico de este país centroasiático, co fin de poñer en valor como a cultura pode contribuír á sostibilidade, inclusión e cooperación internacional.
O martes, 15 de xullo, de 15:00 a 17:00 h no Edificio Redeiras e de 17:00 a 19:00 h no Edificio Afundación, terá lugar unha experiencia inmersiva e diversa cunha programación que inclúe actuacións de música e danza tradicional uzbeka; exposicións de artesanía típica; proxeccións sobre o patrimonio cultural do país; unha degustación de gastronomía tradicional, achegando ao público aos sabores máis representativos do país; e intervencións institucionais sobre a importancia do intercambio cultural e a preservación do patrimonio.
GREENDT é un proxecto enmarcado no programa Erasmus+ financiado pola Unión Europea, que ten como obxectivo impulsar e fortalecer a educación en Enxeñería Medioambiental en universidades de Uzbekistán, mediante a transferencia de coñecemento desde Europa. Tamén, fomenta a cooperación entre academia, industria e sociedade civil. En definitiva, representa unha aposta estratéxica pola modernización educativa e o desenvolvemento sostible, co foco na empleabilidade xuvenil, equidade de xénero e acción climática.
Hora
15 xullo, 2025 15:00 - 19:00(GMT+02:00)
Localización
Edificio Redeiras
Praza do Berbés
Hoxe móvese
maio

