27xuñ22:30X Mecha House ClubCONCERTOS | Desde 5,00 €22:30(GMT+02:00) Sala Master Club
Detalles do eventos
Mecha House Club celebra o décimo aniversario cunha edición na que AN5, desde Barcelona, e Amiga, desde Santiago de Compostela, encabezan compartirán noite de bailes xunto aos residentes
Detalles do eventos
Mecha House Club celebra o décimo aniversario cunha edición na que AN5, desde Barcelona, e Amiga, desde Santiago de Compostela, encabezan compartirán noite de bailes xunto aos residentes Soff!, Garabatos e Vidal.
O colectivo vigués detrás da Mecha House Club celebra este sábado 27 de xuño a súa edición máis especial na Sala Master de Vigo. O que empezou como unha aposta por revivir a música electrónica local chega agora á súa décima entrega, consolidando a súa identidade propia na cidade. Tras unha traxectoria de moito baile e varios sold outs, chega a MECHA VOL. X. Esta será a proposta máis ambiciosa do colectivo ata a data, cun cartel que combina residentes, artistas invitados da escena rexional e unha nova colaboración coa escola de baile Caixa de Ritmos.
A noite estará encabezada polos ritmos deep e afro de AN5, produtor vigués afincado en Barcelona, e Amiga que nos trae puro son underground desde Santiago de Compostela. Acompañaranos os residentes do colectivo: Soff!, Garabatos e Vidal, quen presentará nesta edición o seu novo set con voces en directo, unha novidade dentro da evolución do colectivo.
O evento arrincará cunha masterclass de baile house impartida por New con Nu.Eva aos pratos, en colaboración coa escola Caixa de Ritmos. A actividade, previa ao comezo da sesión principal, busca achegar a cultura do baile house ao público asistente.
A Sala MasterClub abrirá as súas portas ao 22:30 h e o evento prolongarase ata as 04:30 h. As entradas anticipadas están dispoñibles en entradium a partir de 5,00 €. Haberá entradas físicas á venda en Tinta Negra (Rúa Irmandiños, 2). O prezo o día do evento na billeteira será de 10,00 €.
Hora
27 xuño, 2026 22:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Master Club
Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


