
Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico de Vigo presenta a actividade Desinformación, poder e seudomedios con Anabel Díez de Raquel Lema e presentado por Bibiana Villaverde. O venres
Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico de Vigo presenta a actividade Desinformación, poder e seudomedios con Anabel Díez de Raquel Lema e presentado por Bibiana Villaverde. O venres 30 de maio, a partir das 19:30 horas na Casa galega da Cultura.
Os cidadáns, para coñecer a realidade e poder formarnos unha opinión crítica, temos o Dereito fundamental a unha Información veraz, que usualmente buscamos nos Medios de Comunicación tradicionais, porque esperamos cumpran con principios éticos e profesionais na busqueda dunha información obxectiva e suficientemente contrastada.
Pero esa expectativa pode verse truncada por diversas causa, das que propoñen dúas sobre as que reflexionar o próximo día 30 de maio: por unha banda, a posible intromisión do poder político, e pensan que a longa loita dos xornalistas da RTVG e os seus famosos “venres negros” é un expoñente para ese debate; por outra banda, os últimos anos viron a aparición de “seudomedios”, cuxa misión é ben diferente (buscar clikbaits, meros intereses económicos, esparexer bulos por razóns politicas…) e os seus métodos completamente alleos aos principios de veracidade e responsabilidade que profesionalmente se esperaría (o que provocou un recente paro dos xornalistas presentes nas Cortes).
Para tal interesante debate, baixo título Desinformación, poder e seudonimos, contan coa participación de Anabel Diez, xornalista de El País e Presidenta da Asociación de xornalistas parlamentarios e de Raquel Lema, xornalista e Presidenta do Comité Intercentros de CRTVG, coordinadas por Bibiana Villaverde, xornalista de Radio Voz en Vigo.
Máis
Hora
30 maio, 2025 19:30 - 21:00(GMT+02:00)
Localización
Casa Galega da Cultura
Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual