REVISTA ABRIL

23feb20:30“Descubrindo, Ah! Arte”ESPECTÁCULOS | De balde20:30(GMT+01:00) Apo'strophe Sala de Arte

Detalles do eventos

A mostra de teatro afeccionado que organiza Imaxinatea Escola de Teatro as vindeiras semanas ten como obxectivo presentar os traballos de actrices e actores que comparten a súa  afección polo teatro a partir dunha formación previa, reglada ou non, e a inquietude por pasar polo proceso creativo que conleva a preparación dunha montaxe teatral. As actuación que forman parte de esta mostra cumpren con ditos criterios e ademais están abertas á participación do público asistente nun coloquio final onde as respectivas compañías explicarán as motivacións, chaves, ferramentas e proceso creativo da obra e como se desenvolve o seu traballo cotiá de ensaios, funcións e producción. 

O día 23 de febreiro ás 20:30 en Apo´strophe Sala de Arte, no centro comercial Plaza Elíptica, contando coa escenografía da exposición de Alberto Pena “Disolución” , o grupo de clown ImaxinaClown creado a partir do taller de clown que desenroló Imaxinatea Escola de Teatro de outubro a xaneiro, presentará ““Descubrindo, Ah! Arte”, creación colectiva. Entrada de balde.

Sinopse: un grupo de traballadoras clown entran nunha galería de arte. Son as encargadas de preparar o espazo para unha conferencia sobre o artista. É a hora, o escenario se ilumina, pero o conferenciante non chega… e elas son clowns…

O día 1 de marzo ás 20:30 en Imaxinatea LAB creativo, Praza Francisco Fernández del Riego,nº 3, rúa traseira,  a compañia de teatro afeccionado, Fauna 113, representará “Os veciños do lado”. Función+coloquio posterior: 5 euros.

Sinopse: María e Pedro son unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio. O que en principio parece unha cena de cortesía entre descoñecidos deparará un encontro disparatado de dobres intencións e segredos inconfesables, ou é que acaso non todos temos algo que ocultar? 

Reservas en contacto@imaxinatea.es

Máis

Hora

23 febreiro, 2024 20:30(GMT+01:00)

Localización

Apo'strophe Sala de Arte

Praza Francisco Fernández del Riego, 0, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events