DESCONEXIÓN – A Movida

maio, 2018

20mai20:00DESCONEXIÓNTEATRO | Desde 8,00€ 20:00 Sala Ártika

Máis

Detalles do evento

“DESCONEXIÓN” – XURXO CORTÁZAR

O individuo 299/1973 FK3 vive conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns. Ten dobre personalidade: cando viste traxe verde é amable e deixa pasar; cando viste traxe vermello é malencarado e manda parar. Xornada tras xornada desenvolve a súa rutineira misión, sen poder esquecer o seu obxectivo soñado: fuxir cara á liberdade e converterse nun ser humano.

Unha avaría no seu sistema fai que saia da súa gaiola e emprenda unha viaxe cara ao descoñecido. Porfin atopou unha vía para desconectar. No seu periplo vaise atopar en situacións novas para el, que terá que resolver coa dignidade que lle permita o feito de ser un monifate sen personalidade definida.

Escrito e dirixido por Santiago Cortegoso.

Horarios:
– Venres 18 de Maio ás 21:30h
– Sábado, 19 de Maio ás 21:30h
– Domingo 20 de Maio ás 20:00h

Prezo:
Entrada Xeral: 10€ + gastos de xestión
Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión

Idades recomendada: Xuvenil e adultos

Duración: 75 minutos

Hora

(Domingo) 20:00

Lugar

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X