VIALIA
bannerPicnicSesions

Desconcerto

19mar17:30DesconcertoESPECTÁCULOS | De balde17:30(GMT+01:00) CC Vialia

Detalles do eventos

O próximo sábado 19 de marzo ás 17:30h, estará o grupo cómico-musical ‘Desconcerto’ no CC. Vialia.

DESCONCERTO é un espectáculo cómico-musical, posto en escena por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Marcos Orsi. Os nosos protagonistas chegan tarde ao recital. Coa orquestra a piques de comezar e o público preparado para gozar, vense na obriga de improvisar para saír da situación. A partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando con algún que outro atranco cómico. En definitiva, un divertimento que mestura temas en directo con rigorosos play-backs sobre a música culta, un achegamento á música clásica a través do humor.

Máis

Hora

(Sábado) 17:30(GMT+01:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events