xuño, 2019

22xuñ10:30Descobre a traiñeira: da pesca artesanal á industrialVIGO PESQUEIRO | De balde10:30

Máis

Detalles do evento

Actividade dentro do programa Vigo Pesqueiro, unha proposta de FUNDAMAR (Fundación para la pesca y marisqueo) para promover o coñecemento da nosa contorna e da actividade marítima e pesqueira pola que Vigo goza de tanto renome.

O programa está composto por catro actividades que se desenvolverán do 15 ao 28 de xuño e están dirixidas ao público familiar que queira somerxerse no pasado e presente mariñeiro da cidade.

Todas as actividades requiren inscrición previa, que deberá realizarse por correo electrónico no enderezo info@vigopesqueiro.

Sábado 22 de xuño, ás 10:30: Descobre a traiñeira: da pesca artesanal á pesca industrial. Embarcacións Tradicionais Bouzas.
A chegada das traiñeiras e a orixe da pesca industrial en Galicia contada a través dunha das traiñeiras da Asociación de Mariñeiros de Bouzas. ¿Sabías que as actuais traiñeiras de competición teñen a súa orixe nas traiñeiras de pesca? ¿Sabías que a chegada a Galicia das traiñeiras provocou fortes enfrontamentos verbais e físicos entre mariñeiros, ata o extremo de xerar o conflito que se coñeceu como a “guerra da sardiña”? ¿sabes como foi a evolución da traiñeira de pesca ata as actuais de competición? Todas estas preguntas e moito máis trataranse nesta interesantísima actividade. ¡Animádevos!

Venres 28 de xuño, ás 11:00: Descobre Toralla, villae e illa, e visita á ECIMAT.

Vigo Pesqueiro A Traineira

Hora

(Sádado) 10:30

X