CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

(des)aparecer

30nov20:00(des)aparecerESPECTÁCULO | 10,00€20:00(GMT+01:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Venres, sábado e domingo ás 20:00

Vexo imaxes do universo e algo pasa polo meu corpo. Atráeme o cosmos, non porque queira ir aos seus confíns, moito menos soñar con conquistalo. Quero recoñecerme parte de todo sen moverme de onde estou agora. O meu corpo e a miña persoa viven na tensión entre o familiar e o descoñecido, entre o próximo e o incomprensible, que moitas veces son o mesmo. Unknown, not unperceived di William Blake. Así se me presenta case todo. Para vivir con isto é necesario un acto de fe, de entrega, un xogo, unha caída sen fin, un percorrido ficticio que só é posible en contacto coa realidade máis inmediata e tanxible. Desde a soidade só quero saír do centro e recoñecerme como parte de algo moito máis grande, colectivo, infinito. Se me fun foi para volver, afasteime para poder achegarme e recoñecer que che necesito. Necesitámonos.

(deas)aparecer parte dos conceptos de vulnerabilidade, asombro e entrega na nosa condición como humanas e articúlase como un achegamento persoal e desde o corpo ao cinema, tomando a ciencia ficción como camiño ou procura para conciliar a nosa convivencia co inexplicable.
A investigación apóiase na exploración das posibilidades de interacción coreográfica e plástica entre corpo, cámara у proxección de vídeo, xerando un dispositivo no que todos os elementos aféctanse entre si e dan lugar a unha plasticidade que vincula imaxe e movemento.

Entradas

Máis

Hora

30 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)