bannerVIALIA

12mai21:00Depedro inaugura hoxe a cuarta edición do Festival TerraceoCONCERTOS | Entradas agotadas 21:00 Mar de Vigo

Depedro inaugura hoxe a cuarta edición do Festival Terraceo

O álbum “Máquina de piedad” é o último proxecto musical de Depedro que acolle temas como “Máquina de piedad” ou “Noche oscura” (canción na que Depedro se reencontra con Leiva), un tema onde as voces de ambos sobrevoan sobre o son das guitarras eléctricas.

DEPEDRO é o proxecto musical de Jairo Zavala, iniciado en 2008 co disco “Depedro” gravado coa banda estadounidense CALEXICO en Tucson (Arizona), colaboración que continúa ao estar presentes en todos os discos ata o de agora e faise mutua ao ser o guitarra da banda. Desde ese momento ata hoxe, o proxecto fronteirizo de DEPEDRO envorcou influencias musicais, estéticas e culturais de Latinoamérica, África, o mediterráneo ou estados unidos nunha carreira musical que alcanza xa sete discos longos (“Depedro” “Nubes de papel” “La increíble historia de un hombre bueno” “El pasajero” e “Todo va a salir bien” “Érase una vez” e “Maquina de piedad”), varios Eps e singles, así como o documental “Casamance” sobre a súa viaxe musical a Senegal xunto a Anxo Carmona (radio3) da realizadora Pomba Zapata. A súa música levoulle aos cinco continentes, xiras por todo o continente americano, Estados unidos, México, Arxentina, centro América, Brasil, Australia, Nova Zelandia, China, África, toda Europa, Rusia… Os seus discos están publicados en mais de 30 países. As súas colaboracións son con músicos de todo o mundo en diferentes idiomas e procedentes de moitas culturas, ese é un dos selos de identidade do artista.

Venres12 ás 21:00h no Auditorio Mar de Vigo.

Máis info e entradas.

Programación Terraceo:

12 de maio – Depedro

13 de maio – Glenn Hughes performs Classic Deep Purple

26 de maio – !!! Chk chk chk

2 de xuño – Pancho Varona y la Banda del Pirata Cojo

3 de xuño – Arde Bogotá

30 de xuño – Curtis Harding

1 de xullo – La la love you

7 de xullo – Chris Jagger

8 de xullo – Julieta Venegas

21 de xullo – María José Llergo

22 de xullo – Kitty, Daisy & Lewis

25 de xullo – Tinariwen

22 de setembro – Boyanka Kostova

23 de setembro – Hard GZ

Máis

X