
DEPEDRO
07mar21:00DEPEDROCONCERTOS | Desde 23,00 €21:00(GMT+01:00) Mar de Vigo
Detalles do eventos
O próximo 7 de marzo de 2025, o cantante e guitarrista Jairo Zavala, mellor coñecido como Depedro, acompañado da súa marabillosa banda, actuará no Auditorio
Detalles do eventos
O próximo 7 de marzo de 2025, o cantante e guitarrista Jairo Zavala, mellor coñecido como Depedro, acompañado da súa marabillosa banda, actuará no Auditorio a Mar de Vigo. Volve ao escenario presentando o seu sétimo álbum de estudo titulado “Un lugar perfecto“, ofrecendo ao público unha viaxe sonora por unha estrada secundaria, un camiño que reflicte o noso tránsito entre a ansiedade e a esperanza.
Neste novo traballo, Depedro , que viaxou actuando co seu proxecto polos cinco continentes enchendo a súa paleta artística de moitas experiencias, tece unha xeografía folclórica e emocional da memoria, explorando a esencia das cousas e a pulsión de dicir moito con pouco. “Un lugar perfecto” é un álbum que convida a reflexionar sobre a esperanza, o amor e a necesidade de reconectar co humano nun mundo cada vez máis indiferente.
Entradas desde 23,00 €
Máis
Hora
7 marzo, 2025 21:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual