
'DELINCUENTE'
26feb19:30'DELINCUENTE'ACTIVIDADES PARA O COCO | 2,50 €19:30(GMT+01:00) Multicines Norte
Detalles do eventos
Os Multicines Norte acollen a proxección de Delincuente, unha curtametraxe da poeta e pensadora, Nuria Vil. Ademais, o evento conta cun posterior coloquio coa autora,
Detalles do eventos
Os Multicines Norte acollen a proxección de Delincuente, unha curtametraxe da poeta e pensadora, Nuria Vil. Ademais, o evento conta cun posterior coloquio coa autora, unha oportunidade para reflexionar sobre a historia recente de Vigo a través dunha perspectiva persoal e única.
SINOPSE
A través do recordo de La Maradona —a líder dunha banda de delincuencia xuvenil viguesa dos anos 80—, Nuria Vil constrúe un universo poético no que mestura o imaxinario do cine quinqui coa historia obreira da cidade de Vigo para achegar ao presente algunhas referentes da literatura galega contemporánea e unha vindicación potente do colectivo LGBTIAQ+. Esta peza, dirixida por Alba Domínguez, aúna as imaxes en super 8 do arquivo de Manoel da Costa que retratan o Vigo dos 80 coa ficción filmada nos arredores de Vigo, Nigrán e no histórico autobús Cometa de 1968 cedido por Vitrasa.
Con gran acollida e co «Premio Intersección do xurado novo» e «Premio intersección mav», espertou un interese vibrante que invita a todas as persoas a achegarse a esta proxección e a un coloquio coa autora que promete ser unha experiencia única.
Máis
Hora
26 febreiro, 2025 19:30(GMT+01:00)
Localización
Multicines Norte
Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra