CAMELIAS NADAL

13nov22:00DELASENDA CONCERTOS | Desde 8,00 €22:00(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

La Catedral é moito máis que un debut: é un manifesto persoal, un lugar ao que chegar despois dun longo camiño. O álbum, producido por Mateo López Veiga, conta con 12 cancións que parten do pop e da canción de autor, con influencias indie e pinceladas doutros ritmos como o afrobeat, creando un universo sonoro persoal que explora as luces e sombras do amor entre a nostalgia, o desexo e a esperanza.

Este traballo reflicte unha viaxe persoal e emocional, con letras cargadas de verdade e melodías que invitan á introspección; é un disco que mira de fronte ao amor e ao desamor, con cancións que son confesións e ao mesmo tempo himnos íntimos. Entre os adianto xa publicados atópanse Tres estrellas, Amargura (xunto a Braian de Palma) e Bailar un tango (con Sara Gimeno), cos que Delasenda déixanos entrever o seu universo lírico: versos cargados de imaxes, emocións crúas e metáforas que atravesan o cotián e o poético.

Ademais, o álbum inclúe colaboracións con Dani Flaco, Braian de Palma e Sara Gimeno, e unha intro creada por Juan José González Ramil, sumando matices sonoros únicos a esta ópera prima.

Delasenda é o proxecto musical de Abraham González Estévez, cantautor galego que converte as súas vivencias en cancións cheas de honestidade e poesía. Con influencias que van desde a canción de autor clásica ata sons do indie e do pop alternativo, a súa música é unha invitación a percorrer camiños emocionais e paisaxes sonoras onde a palabra ten un peso fundamental.

Entradas