VIALIA
bannerPicnicSesions

DEFENSORAS DE DEREITOS

09dec18:00DEFENSORAS DE DEREITOSACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT-11:00)

Detalles do eventos

A segunda edición da iniciativa ‘Defensoras de Dereitos’, o proxecto impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD, chega de forma online co obxectivo de recoñecer e poñer en valor a loita das mulleres ao redor do mundo na defensa dos dereitos humanos. En concreto, céntrase no traballo que están a desenvolver as activistas mesoamericanas durante a pandemia derivada da Covid-19, unha situación que está aumentar as violencias que sofren ao levar a cabo o seu labor.

Neste contexto, este mércores 9 de decembro terá lugar a conversa online ‘Defensoras de dereitos: soster a vida, sementar o cambio’. O encontro, que terá lugar ás 18.00 horas e estará dinamizado pola xornalista e escritora Lara Dopazo, poderá verse a través da canle de YouTube da Coordinadora. Nel participarán tres mulleres referentes: Míriam Suazo, defensora dos dereitos das mulleres, María Magdalena Cuc Choc, defensora do territorio e dos dereitos das mulleres indíxenas, e Estela Mondragón, defensora do territorio das comunidades indíxenas e integrante da Rede Nacional de Defensoras de Dereitos Humanos en México. As relatoras realizarán as súas intervencións dende Honduras, Guatelama e México. Pola súa banda, Laura Dopazo está a piques de publicar tres libros nos que narra as historias de vida e acción política das defensoras que participan na conversa. Son relatos de loita individual e colectiva de cada unha delas e estarán dirixidos ao público xuvenil.

Terá lugar este mércores, 9 de decembro ás 18 horas a través de Zoom, e estará protagonizado por tres activistas procedentes de Honduras, Guatemala e México

Máis

Hora

(Mércores) 18:00(GMT-11:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!