Defensoras de dereitos. A loita das mulleres indíxenas en Guatemala – A Movida

novembro, 2018

22nov19:00Defensoras de dereitos. A loita das mulleres indíxenas en GuatemalaCHARLA | De balde19:00 Sede da Deputación de Pontevedra

Máis

Detalles do evento

Juventina López e Ita Xocol, dúas mulleres activistas indíxenas de Guatemala, visitarán Galicia no marco do proxecto Mulleres que mudan o mundo que se desenvolve do 5 ao 28 de novembro en distintos concellos da provincia de Pontevedra da man da Coordinadora Galega de ONGD e a Deputación de Pontevedra.

Juventina e Ita serán as protagonistas dun ciclo de charlas titulado Defensoras de dereitos. A loita das mulleres indíxenas en Guatemala que terán lugar en Pontevedra, Vigo, Moaña, Caldas de Reis e O Grove. Nelas, as dúas activistas contarán as principais problemáticas coas que se atopan as súas comunidades; o seu activismo pola recuperación das terras que lles foron arrebatadas e pola defensa dos dereitos das mulleres; e os proxectos nos que participan xunto ás ONGD galegas Arquitectura sen Fronteiras, AGARESO e Asemblea de Cooperación pola Paz.

Hora

(Xoves) 19:00

Lugar

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Oporto 3, Vigo, Pontevedra

X