Debulendo lendas galegas

30dec11:30Debulendo lendas galegasPEQUERRECHOS | De balde11:30(GMT+01:00) Oficina Municipal de Distrito Teis

Detalles do eventos

Neste espectáculo recollen a técnica centenaria do Kamishibai xaponés, “tarabelizámola” e temos un espectáculo de contacontos debuxado ao 100 %, onde as ilustracións se poden ver, tocar, manipular, vestir…

Pero, que significa “debuler”?

Cando eu debuxo o que leo, entón “debuleo”, e nesta contada debuxamos xuntos e descubrimos xuntos o valor das lendas: lendas que ensinan o valor da nosa cultura galega… o valor para loitar pola vida… o valor da axuda dada e recibida… o valor de coñecer antes de deixarse levar polos falares!… o valor de unir forzas para vencer xuntos a dragóns invencibles… o valor e coraxe daqueles soñadores que buscan máis alá, onde a maioría di que non hai nada… e moito vale a risa e as lendas que buscan provocala… Valor que podemos ler e debuxar; valor que podemos “Debuler”.

Tarabelos

Venres 30 ás 11:30

Máis

Hora

(Venres) 11:30(GMT+01:00)

Localización

Oficina Municipal de Distrito Teis

Rúa Maceiras, S/N, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events