Debulendo lendas galegas
30dec17:00Debulendo lendas galegasPEQUERRECHOS | De balde17:00(GMT+01:00) San Xosé Obreiro
Detalles do eventos
Neste espectáculo recollen a técnica centenaria do Kamishibai xaponés, “tarabelizámola” e temos un espectáculo de contacontos debuxado ao 100 %, onde as ilustracións se poden ver, tocar, manipular,
Detalles do eventos
Neste espectáculo recollen a técnica centenaria do Kamishibai xaponés, “tarabelizámola” e temos un espectáculo de contacontos debuxado ao 100 %, onde as ilustracións se poden ver, tocar, manipular, vestir…
Pero, que significa “debuler”?
Cando eu debuxo o que leo, entón “debuleo”, e nesta contada debuxamos xuntos e descubrimos xuntos o valor das lendas: lendas que ensinan o valor da nosa cultura galega… o valor para loitar pola vida… o valor da axuda dada e recibida… o valor de coñecer antes de deixarse levar polos falares!… o valor de unir forzas para vencer xuntos a dragóns invencibles… o valor e coraxe daqueles soñadores que buscan máis alá, onde a maioría di que non hai nada… e moito vale a risa e as lendas que buscan provocala… Valor que podemos ler e debuxar; valor que podemos “Debuler”.
Tarabelos
Venres 30 ás 17:00
Máis
Hora
(Venres) 17:00(GMT+01:00)
Localización
San Xosé Obreiro
Rúa Vázquez Varela, 56, 36204 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes