BannerEntroido
BannerArribada

xaneiro, 2020

Este é un evento repetitivo

20xan19:00De verbas a fotogramas. Ciclo de cineACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Biblioteca Xosé Neira Vilas

Máis

Detalles do evento

Luns 20 e 27 de xaneiro ás 19.00h

De verbas a fotogramas é unha mostra das diferentes fórmulas de audiovisual que se realizan en Galicia (filme, webserie, documental…) en torno á literatura e ás verbas. Tras o visionado dos distintos proxectos incluídos no ciclo, manteremos un encontro cos seus directores e protagonistas. Para público adulto

 

ÓCEANO SEN ROSTRO (luns 20)

Océano sen rostro, unha peza de videocreación de Merche Pérez e J. Pablo Pintor, a través de Corvidae Producciones. A curtametraxe, en branco e negro, destaca pola poesía visual das imaxes e pola expresividade que cobra o corpo da actriz, Merche Pérez, así como pola forte relación que se establece entre as accións que esta desenvolve, os estados polos que pasa e o son do mar, da música e da voz da intérprete. A peza ten un traballo previo moi importante de composición da dramaturxia a partir dunha serie de referentes: os poemas de Manoel Antonio en De catro a catro; diferentes personaxes femininas, mitolóxicas como Calipso, as Moiras… e tamén Ofelia; o traballo de Rudolf von Laban arredor das accións básicas do esforzo; as cantigas tradicionais… Pérez, actriz, coreógrafa e bailarina, partiu das artes escénicas para crear esta peza, e foi en colaboración co fotógrafo J. Pablo Pintor que a foi adaptando á linguaxe audiovisual.

TRILITRATE (luns 27)

Trilitrate é un proxecto que abrangue música acústica e videocreación en tempo real; trátase dunha composición colectiva que ten como finalidade crear algo persoal e inédito. Esta formación crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novos sendeiros na música acústica. Esvaecen as liñas existentes entre a composición e a improvisación, revelando influencias de estilos tan afastados entre si como poden ser a música clásica, a improvisación libre, o hardcore, o post-rock ou o noise. Interpretan ademais música étnica orixinal dentro dun universo propio. Esta atmósfera complétase mediante estímulos visuais orixinados en tempo real.

Hora

(Luns) 19:00

Lugar

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

X