REVISTA ABRIL

22mar21:00'De rota raposa'ESPECTÁCULOS | Caixa inversa21:00(GMT+01:00) Café Uf

Detalles do eventos

De rota raposa é unha sorte de manifesto antiespecista, antipatriarcal e deliberadamente irracional para que a reflexión logocéntrica se manteña na beira do camiño e facer das marxes unha rota alternativa, cando non principal. Pel e palabra fúndense e confúndense como o fan o poema e o corpo neste recital que é unha peza escénica pero que é un recital pero que é unha peza escénica.

Partindo da súa obra poética, Samuel Merino e Silvia Penas constrúen un universo conxunto, creado específicamente para abrirlle outros camiños á palabra e á voz, un lugar de brillo para a cicatriz ou un espazo sen lindes no que permanecer fóra de perigo, mais sen ser alleas á atrocidade na que vivimos inmersas. A poesía vólvese, en De rota raposa, unha arma crítica e un reducto dende o que contemplar a beleza e convertela nun estandarte de reivindicación.

Máis

Hora

22 marzo, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

Café Uf

Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events