'De profundis'
29mar19:00'De profundis'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 MARCO
Detalles do eventos
No contexto da programación do Club de Lectura #BiblioMARCO, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO organiza a proxección do filme “De Profundis”, seguida dun coloquio co seu director Miguelanxo Prado. Será o martes
Detalles do eventos
No contexto da programación do Club de Lectura #BiblioMARCO, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO organiza a proxección do filme “De Profundis”, seguida dun coloquio co seu director Miguelanxo Prado. Será o martes 29 de marzo ás 19h
Duración: 75 min.
Nominada aos Premios Goya na categoría de Película de Animación, 2006
Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=vyhakiu4ftE
“De Profundis” conta unha historia marabillosa, onírica, con raíces nos mitos das culturas atlánticas, dos pobos asomados a este Pai Océano. Pretende adoptar a estrutura simple das narracións tradicionais e recrear as sensacións fabulosas dos contos mitolóxicos. Os personaxes principais son un pintor que soña ser mariño e pescador, e unha muller que toca o violonchelo, namorados e habitantes dunha casa no medio do mar.
O coloquio posterior contará con intérprete de lingua de signos, e durante a proxección utilizaranse mochilas vibratorias, grazas á colaboración do Concello de Nigrán na súa cesión e uso para esta actividade.
Máis

Hora
(Martes) 19:00
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes