xaneiro, 2021

20xan(xan 20)00:2618feb(feb 18)20:00De polo a poloARTE E MUSEOS | De balde(xaneiro 20) 00:26 - (febreiro 18) 20:00 Príncipe

Detalles do eventos

Cincuenta e dúas imaxes espectaculares de gran formato pertencentes ao arquivo de National Geographic. Neste proxecto participaron prestixiosos fotógrafos de natureza como Frans Lanting, Paul Nicklen, Michael Nichols ou Tim Laman, entre outros.

A exposición quere mostrar a beleza e diversidade dos espazos naturais do planeta, así como as súas ameazas. Así como crear un espazo de reflexión sobre os efectos da elevada taxa de extinción de especies e a destrución do noso planeta como resultado da actividade humana.

Desde o Ártico ata a Antártida queremos mostrar algúns dos espazos naturais máis espectaculares da Terra, moitos deles coñecidos como hotspots, ecorregiones terrestres recoñecidas pola súa elevada biodiversidade, alto nivel de especies endémicas (que só viven alí) e que están gravemente ameazadas pola actividade humana.

Rúa do Príncipe fronte ao Museo Marco
Do 20 de xaneiro ao 18 de febreiro de 2021
Exposición de Fundación A Caixa en colaboración con National Geographic

HORARIOS
Exposición Arte na rúa, 24 horas.
Visitas guiadas para o público xeral: Sábados ás 18 h e domingos ás 12 h.
Teléfono cita previa: 900 80 11 37

Máis

Hora

Xaneiro 20 (Mércores) 00:26 - Febreiro 18 (Xoves) 20:00

Localización

Príncipe

Rúa do Príncipe 36202 Vigo Pontevedra

X