
Detalles do eventos
O xoves 3 de outubro ás 20 horas terá lugar o Acto de Apertura do Curso 2024-2025 no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Despois
Detalles do eventos
O xoves 3 de outubro ás 20 horas terá lugar o Acto de Apertura do Curso 2024-2025 no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Despois do acto de benvida protagonizado polo director de CSM de Vigo , Esteban Valverde, e diferentes autoridades convidadas será o momento da intervención musical a cargo do Grupo de Música de Cámara do Departamento de Percusión do CSM de Vigo. O concerto baixo o título “DE PEDRA, MADEIRA E PEL” parte da idea de realizar unha pequena homenaxe aos canteiros e ao seu traballo. Desde un punto de vista minimalista buscan crear un paralelismo entre a música que interpretarán e o traballo dos canteiros. Traballo duro, constante, monótono e esixente a nivel físico e mental. Sobre pedras, madeira e pel tecerán as notas que darán forma a esta homenaxe.
Máis
Hora
3 outubro, 2024 20:00(GMT+02:00)
Localización
Conservatorio Superior (O Castro)
Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual