18out20:00De jeréz a vigoESPECTÁCULOS | Desde 28,50€20:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Un espectáculo flamenco que nace da alma de dúas beiras: Xerez, berce do compás e da raza, e Vigo, terra de forza atlántica e corazón aberto.

Sobre o escenario, a arte faise carne para render tributo á muller valente, libre e eterna. A mulleres como Lola Flores, que coa súa voz e o seu temple mudaron a historia do flamenco; pero tamén ás grandes voces de Galicia, como Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, faros de pensamento e poesía, que dende as súas palabras alzaron a dignidade, a intelixencia e a liberdade femininas.

ENTRADAS

Hora

18 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)